Máis de cen vehículos á venda nos ‘Special Days’ de Feirauto, en Baio

Automóviles
Jose Manuel Ramos
Vehículos na exposición dos ‘Special Days’ de Talleres M. Montes, de Baio. Foto: Feirauto

Zas. Este luns comezaron os Special Days que promoven os talleres do grupo Feirauto (Manuel Montes, Celmar e J. Lema), de Baio. Ata o sábado, día 19, ofertarán máis de cen vehículos de ocasión de todas as marcas e modelos, e premiarán a quenes merquen un coche con 200 euros para combustible.

Ademais, durante toda a semana aplicarán uns descontos especiais a todos os vehículos e, como vén sendo habitual, ofrecerán unhas vantasoxas condicións de financiación. Manuel Montes, asegura que “nesta primeira xornada xa fixemos os primeiros contactos” e espera que ao remate da semana poidan sumar un importante número de vendas, “pois este é un bo momento para quen teña que mercar un coche, xa que para o ano prevese unha subida de prezos debido á vinculación do imposto de matriculación á emisión de gases”. J. M.