Mar de Fábula seguirá limpando praias e coídos

Medio Ambiente
Jose Manuel Ramos
Asamblea virtual da asociación Mar de Fábula. Foto: M. de F.

CAMARIÑAS. Mar de Fábula celebrou de xeito virutal a asamblea anual, na que acordaron continuar este ano coas limpezas de praias e coídos e darlle un pulo ás visitas de escolares a aula ambiental que o colectivo ten en Camelle, ademais de desenvolver novos proxectos.

A captación de novos socios e a formación dunha equipa profesional de educadores ambientais da asociación foron outras das liñas de traballo fixadas para este novo ano, segundo informou o seu portavoz, Xosé Manuel Barros.