Más de trinta propostas lúdicas e didácticas para gozar do verán en Zas

Verán Cultural
Jose Manuel Ramos
Casa consistorial de Zas

SONEIRA. O Verán Cultural de Zas inclúe más de trinta actividades culturais, deportivas e didácticas en xullo e agosto. Para a rapazada están programados campamentos de verán, o obradoiro especial O caderno de campo de Víctor López Seoane, o Depor Campus, as Escolas de Río, un campamento en Naturmaz, o programa Coñecendo Zas: e un taller de técnicas de estudo. Nenos e maiores poderán ademais desfrutar das piscinas municipais de Zas e de Baio, cursos de natación, un festival de música, animación de rúa, humor, circo acrobático, música nas Torres do Allo, o Orballo Cultural, o concerto de Pan Sen Fron, música na Ponte de Brandomil, teatro na Carballeira de Baio, humor na Fonte de Fornelos, o mercado de San Ramón, saídas a pé, unha observación astonómica na Arca da Piosa e visitas teatralizadas nas Torres do Allo. Para os máis maiores haberá talleres de axuda tecnolóxica e un programa para exercitar a memoria.