Mellora da pista próxima á casa reitoral de Lires

Infraestruturas
Jose Manuel Ramos
Igrexa de Santo Estevo de Lires. Foto: Concello de Cee

CEE. A Deputación da Coruña apoia con 26.342,25 euros as tarefas de acondicionamento dunha pista próxima á casa reitoral de Santo Estevo no núcleo de Lires (Cee). As intervencións contemplan a mellora dun camiño interior de 105 metros, actualmente invadido pola vexetación. As obras respectarán as condicións patrimoniais da contorna, xa que realízanse nun lugar próximo ao Camiño de Santiago de Fisterra e Muxía e afectan á zona da casa reitoral e a un hórreo. Levarase a cabo a pavimentación do camiño con formigónmantendo todo o cromatismo do lugar. Así mesmo, o viario conta agora cun muro de mampostería parcialmente derruído, que será demolido de todo e logo reconstruído. Por último, mellorarase a intersección ao final do camiño coa demolición do pavimento e a correción das rasantes cun novo pavimento. As empresas poderán presentar ofertas ata o 11 de marzo. O prazo de execución é de 6 meses. J. M. R.