Merendas de San Ramón no Allo

Romaría
Jose Manuel Ramos
Animación musical na romaría de San Ramón. Foto: C. de Zas

Zas. A contorna das Torres do Allo viviu unha animada romaría de San Ramón na que, como antigamente, non faltaron a artesanía, a música, a gastronomía e as merendas ao pé do pazo máis antigo de Galicia. A cita, organizada polo Concello de Zas, pretende revivir as tradicións da localidade. J. M. R.