Mil catrocentos visitantes no faro Vilán en outubro

Turismo
Jose Manuel Ramos
O faro Vilán foi visitado por máis de mil catrocentas persoas no mes de outubro. Foto: J. M. R.

CAMARIÑAS. O faro de cabo Vilán recibiu no mes de outubro un total de 1.402 visitantes, dos cales o 92 % procedían de distintos puntos do territorio nacional, segundo informa a Asociación de Empresarios e Promoción Turística, encargada da xestión das instalacións.

Dos visitantes nacionais, o 45 % foron galegos, e entre os provintes doutros puntos destacaron os de Madrid (26 %), Castela e León (19 %) e Andalucía (14 %). Do estranxeiro chegaron persoas procedentes de Portugal (37 % das visitas internacionais), Francia (14 %), Italia (12 5 %) Suíza e Alemaña (11 %). Tamén se contabilizaron algúns turistas chegados doutros países da UE, de EEUU, Canadá e Sudamérica. J. M.