Muxía entrega á veciñanza a Guía do renovado Plan de Igualdade

Igualdade
Jose Manuel Ramos
O alcalde, Iago Toba, e a concelleira de Igualdade, Olalla Benlloch, segunda pola dereita, e as técnicas do CIM de Muxía. Foto: C. M.

O Concello pon ao dispor da veciñanza a Guía do Plan de Igualdade de Muxía. As persoas interesas poden solicitar un exemplar na casa consistorial, no departamento do Centro de Información á Muller (CIM) en horario de atención ao público.