Muxía inaugura de xeito virtual o novo edificio multiúsos da Camposa

Servizos municipais
Jose Manuel Ramos
Fachada do edificio Multiusos da Camposa

COSTA DA MORTE. O Concello de Muxía inaugurou o domingo de xeito virtual o novo Multiúsos da Camposa, un edificio “existente pero falto de vida que se dotou de novos espazos cunha renovación total”, afirma o alcalde, Iago Toba. Unha das áreas estará adicada ao Museo Voluntarios do Prestige. Os elementos culturais son os protagonistas, con fotos e unha pantalla e un sistema de audio multimedia na que se proxectarán vídeos acordes ás exposicións itinerantes que acolla o referido espazo. Nas columnas poden lerse palabras como historia, arte e tradición, “os piares sobre os que se fundamenta a nova construción”, indica o rexedor, quen asegura que a remodelación rememora “a antiga praza da Camposa que tiña tanta vida. Queremos que a veciñanza desfrute de cada rincón porque en todas as partes vai haber algo que faceer”. J. M. RAMOS