Muxía intensifica o mantemento de espazos públicos

Obras
Jose Manuel Ramos
O alcalde de Muxía, Iago Toba, á esquerda, e o concelleiro de Obras, Javier Romar, supervisando unhas obras. Foto: Concello de Muxía

COSTA DA MORTE. O Concello de Muxía intensifica os traballos de mellora e mantemento dos espazos públicos, dentro do plan de humanización do municipio. As actuacións céntranse no pintado de sinalización horizontal, para mellorar a seguridade de peóns e condutores; o adecentamento dos núcleos rurais e a instalación de mobiliario urbano para dotar de servizos as áreas que carecían dos mesmos. Os traballos están sendo coordinados polo concelleiro de Obras, Javier Romar, quen asegura que detectaron “unha demanda veciñal de mellora dos espazos públicos, algo co que concordamos totalmente, e por iso lle demos un pulo a este tipo de intervencións”. M. LAVANDEIRA