Muxía presentou un novo Plan de Igualdade para os vindeiros catro anos

Igualdade
Jose Manuel Ramos
O alcalde, Iago Toba, e a concelleira Olalla Benlloch, á dereita, presentando o plan. Foto: Concello de Muxía

O Concello de Muxía presentou este xoves o novo Plan de Igualdade Municipal, elaborado de xeito participativo e coa colaboración de diversas persoas e entidades. A finalidade é definir as liñas de acción que se deben impulsar nos vindeiros 4 anos de cara á loita contra a violencia de xénero, apostando pola igualdade entre mulleres e homes como principal ferramenta.

Unha das novidades deste programa radica no seu compoñente práctico e flexible, adaptado e adaptable a diferentes circunstancias, contornas e necesidades que poidan xurdir. Neste sentido, “é un plan aberto ás achegas da cidadanía”, afirmou o alcalde, Iago Toba, quen presentou o documento xunto coa concelleira de Cultura, Olalla Benlloch.