Encontro do sector turístico da Costa da Morte no parador de Muxía

Turismo
Jose Manuel Ramos
Vista do Parador de Turismo de Costa da Morte, ubicado en Muxía. Foto: Paradores

Muxía. Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) organiza o Encontro de Turismo Costa da Morte, que se celebrará o próximo xoves, día 28, de 17.30 a 19.30 horas, no Parador Costa da Morte, en Muxía. O evento pretende favorecer a colaboración entre entidades públicas e privadas implicadas no desenvolvemento turístico e contribuir á visibilidade e promoción de Costa da Morte como xeodestino.

Asistirán representantes dos concellos, da Deputación da Coruña e de Turismo de Galicia, ademáis de entidades supramunicipais, empresas vinculadas ao sector turístico e tecido asociativo, axencias de viaxes e cadeas hoteleiras.

No encontro presentaranse varios proxectos en marcha de interese global, a reportaxe que se produciu para a campaña O Camiño continúa e tamén se celebrará unha mesa redonda cos blogueiros profesionais que percorreron todos os concellos do territorio. J. M. r.