Novo grao superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web no instituto de Baio

Formación
Jose Manuel Ramos
Mural nunha das fachadas do IES Maximino Romero de Lema, de Baio. Foto: IES M. R. L.

O IES Maximino Romero de Lema, de Baio, oferta como novidade para o vindeiro curso 2021-2022, o ciclo formativo de grao superior Desenvolvemento de Aplicacións Web en réxime dual. O número de prazas ofertadas son 12 e o prazo de inscrición será dende o 25 de xuño ata o 2 de xullo. Este novo ciclo vén a completar a formación xa ofertada da familia de Informática, contribuíndo ao desenvolvemento socioeconómico e á empregabilidade da poboación nunha familia profesional cunha importante inserción laboral.

Asemade mantense no centro a mesma oferta educativa que en anos anteriores: ESO, Bacharelato, FP Básica de Informática de Oficina e o Ciclo Formativo de Grao Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes.