Novos elementos persoalizados para o castelo de Vimianzo

Alumnos do obradoiro de emprego elaboraron unha mesa e un atril de madeira para a celebración de actos na fortaleza
Formación
Jose Manuel Ramos
Mesa e atril co logo do Concello de Vimianzo elaborados polos alumnos do obradoiro de emprego. Foto: C. V.

O alumnado do obradoiro Camiño ao emprego, promovido polos concellos de Vimianzo, Camariñas e Muxía, elaborou varios elementos en madeira (unha mesa e un atril) co escudo da administración local para a celebración de actos no castelo da capital municipal. Este grupo de persoas atópase na actualidade realizando a súa formación na vila vimiancesa, e tras realizar tarefas de adecuación e plantación de novas xardineiras na contorna da caasa da cultura, esta é unha das súas novas aportacións.