O BNG de Cee demanda melloras na antención aos pacientes con enfermidades crónicas

Aseguran que teñen que facer a espera fóra do centro de saúde // Trasladarán o problema ao Parlamento
Sanidade
Jose Manuel Ramos
Entrada ao Punto de Atención Continuada de Cee

Por medio do deputado Daniel Pérez, o BNG de Cee vai trasladar a Parlamento galego a necesidade de mudar o protocolo de atención no centro de saúde de Cee, no que ten a ver co atención as e os pacientes con enfermidades crónicas.

“Cando eses doentes teñen que ser atendidos para alguna proba ou medicación, teñen que facer a espera fóra do centro, a intemperie e expostos as condicións meteorolóxicas. Consideramos que é preciso pois cambiar o protocolo de actuación, e en casos de persoas maiores ou aquelas que a súa situación así o indiquen, poidan entrar a sala de espera e agardar a súa quenda, respetando as medidas de seguridade establecidas, como a distancia social ou o uso de máscara. O noso centro de atención primaria posúe o suficiente espazo

para cumplir co anterior. ” afirma Serxio Domínguez, portavoz do BNG.

Subliña que, “ a poucos metros do centro de saúde, no hospital comarcal, os pacientes si poden esperar nos lugares habilitados para elo, co que ten moito menos sentido aínda que no centro de atención primaria estean expostos a enfermar por pasar frío ou estar baixo a choiva.”

Por iso, o BNG intercederá ante a Xunta para preguntarlle “si é consciente do que acontece en Cee con este tipo de pacientes, que pensa deste inadmisible proceder, e de seren xa coñecedores do que acontece, que ten pensado facer ante tal situación”.