O Encaixe no Camiño chega a Camariñas en setembro

Mostra do Encaixe
M.B.
Imaxe dunha muller facendo encaixe. Foto: Galantiqua

camariñas. Camariñas acollerá a VI edición da cita O Encaixe no Camiño, organizada pola Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas, os días 2, 3 e 4 de setembro. Dará comezo o venres ás 17.00 horas coa apertura de postos medievais e ambiente musical. O sábado a primeira actividade da xornada será ás 11.00 horas, coa saída da comitiva desde a Casa de Pedra cara o Porto, para recibir ao Rei Afonso IX. Ás 11.30 horas presentaranse os actos no Porto co desembarco do rei e hai recreación teatral da chegada do monarca. O domingo, ás 9.30 horas, sairá a camiñata, acompañando a Afonso IX ata Cereixo, facendo paradas con representación teatral en Xaviña e Cereixo. Ás 17.30 horas celebrarase a recreación do desembarco da Dama italiana, que segundo a lenda ensinou a palillar. Posteriormente, haberá un desfile de moda con base no Encaixe de Camariñas. Todos os días haberá actividades na rúa, ambiente musical, demostracións palilleiras, xogos populares e tapas medievais. m.b.