‘O tesouro de Brando’ chegou a Fisterra

A obra do xeólogo Manuel Regueiro y González-Barros e unha “fantasía histórica” // Acompañarono Juan Ramón Vidal Romaní e Julia Ares, tradutora do libro ao galego
Literatura
Jose Manuel Ramos
Juan Ramón Vidal Romaní, esquerda, Manuel Regueiro y González-Barros e Julia Ures, na presentación. Foto: Bela Fisterra

O ciclo Infinito de presentacións na fin da terra trouxo ao hotel Bela Fisterra O tesouro de Brando, unha obra do xeólogo Manuel Regueiro y González-Barros que é unha “fantasía histórica”. Fantasía porque recrear a vida imaxinada duns persoaxes creados polo autor, pero sustentandos nunha investigación que os dota de carácter histórico.

Na primeira parte, esa fantasía da vida a unha natureza perdida e estrañada, e na segunda o escritor desplega un universo paralelo, separado por milleiros de anos, no mesmo no que habitaron aqueles seres de curtas e sinxelas vidas, orientadas á supervivencia e dependentes do entorno.

O autor estivo acompañado polo tamén xeólogo e catedrático da Universidade da Coruña, Juan Ramón Vidal Romaní, a tradutora da obra ao galego, Julia Ures, que é membro do colectivo Ponteceso Cultura Permanente, e o xerente do Bela Fisterra, Pepe Formoso.