Obradoiro de confección de liño no castelo de Vimianzo

Artesanía
Jose Manuel Ramos
Carmen Riveiro, presidenta da Asociación de Amigos do Liño. Foto: Concello de Vimianzo

O liño será protagonista da derradeira sesión da Mostra de Artesanía Viva no Castelo neste mes de agosto. As persoas interesadas en participar na actividade poderán inscribirse no enderezo web da Administración local, cuxo desenvolvemento terá lugar este sábado 28 de agosto ás 11.00 horas na fortaleza soneirá. Neste espazo daranse a coñecer os pormenores da técnica de confección de liño grazas ao traballo da Asociación de Amigos do Liño de Galicia, cuxos representantes axudarán aos alí presentes a elaborar e tratar este material centenario.

Haberá un máximo de 12 prazas por obradoiro e estará organizado seguindo as recomendacións sanitarias vixentes. Será obrigatorio o uso de máscara sanitaria.