Obradoiro de liño no castelo e andaina cultural en Vimianzo

Verán Cultural
Jose Manuel Ramos
Andaina cultural polas terras de Vimianzo. Foto: Concello de Vimianzo

O castelo de Vimianzo acolleu un obradoiro de de confección de liño impartido polas artesáns da Asociación de Amigos do Liño, que preside Carmen Riveiro. Ademais das persoas que quixeron descubrir os segredos desta modalidade artesán, tamén se achegou á fortaleza a alcaldesa, Mónica Rodríguez.

Paralelamente, outro grupo de veciños e visitantes, ademais da concelleira María José Pose, participaron nunha andaina cultural que os levou dende a capela da Lagoa ata a de Castrobuxán. A iniciativa estaba enmarcada no proxecto da Translatio e Camiños de Santiago nas Terras dos Condes de Altamira, e foi guiada polo técnico de Deportes, Víctor Santos.