Obradoiro dual en Muxía, Camariñas e Vimianzo

Obradoiro de emprego
Claudina Estévez
Traballos en Vimianzo no marco do obradoiro. Foto: C.V.

Vimianzo. Os concellos de Vimianzo, Muxía e Camariñas acollerán a cuarta edición do

obradoiro dual de emprego denominado Camiño ao Emprego 2022. Trátase dun fito histórico, pois ningún concello ata o de agora fora quen de

acoller catro obradoiros deste tipo. A iniciativa, que contará coa participación de 20 alumnos e alumnas, desenvolverase de forma simultánea nos tres municipios, con Vimianzo como promotor.

Os certificados de profesionalidade que se repartirán correspóndense cos de montaxe de mobles e elementos e carpintería e operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción.

A subvención para realizar o obradoiro concedéuselle ao Concello de Vimianzo por valor de 503.987 euros, con cargo ao orzamento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego. Así mesmo, concédense 30.000 euros para unha vintena de incentivos á contratación laboral.

O obradoiro comezará o día 19 de setembro e previsiblemente rematará en setembro de 2023. Ao longo destes doce meses, o alumnado realizará labores de revestimento e carpintería en diferentes localizacións destes municipios da Costa da Morte.

A rexedora do Concello de Vimianzo, Mónica Rodríguez, quixo facer fincapé nas posibilidades laborais que xeran este tipo de obradoiros “que ofrecen unha ampla gama de saídas laborais”. c. e.