Obradoiros infantís en Zas no Día dos Bosques

Medio Ambiente
Jose Manuel Ramos
Os obradoiros impartiránse na contorna das Torres do Allo

SONEIRA. O vindeiro domingo 21 de marzo, o Concello de Zas celebra nas Torres do Allo o Día Internacional dos Bosques con toda a cativada. Organizarán dous obradoiros: Limpeza da avenida dos Carballos e Das raíces ás pólas: descubrimos as nosas árbores. E para iso contarán coa colaboración de Alberto L. Furelos, doutor en Bioloxía, co que aprenderán a identificar e coidar as árbores e a respectar a natureza. Esta xornada lúdica é de balde e está orientada ás nenas e ós nenos de entre 5 e 12 anos. Haberá unha única quenda para cada obradoiro, do seguinte xeito: o de limpeza será de 11.30 a 13.30 horas e o das raíces de 16.30 a 18.30. O aforo está limitado a 8 participantes. Para participar é imprescindible inscrición previa no centro sociocultural de Zas (981 751 398) chamando de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas, ou en info@torresdoallo.gal. Todos os participantes deberán usar máscara durante todas as actividades. J. M. R.