Obras no baixo do concello de Muxía

Infraestruturas
Jose Manuel Ramos
Unha das dependencias reformadas no baixo da casa consistorial de Muxía. Foto: Concello de Muxía

Costa da Morte. En Muxía xa finalizaron as obras de acondicionamento do baixo do edificio consistorial para acoller os servizos da Policía Local e do CIM. “Esta intervención responde a unha demanda histórica dos propios traballadores, en beneficio da veciñanza de Muxía”, advirte o rexedor, Iago Toba, quen anuncia que “esta semana amosaremos o resultado final, xa que se está rematando co traspase do mobiliario”, insiste. Un dos obxectivos que se acadará con esta intervención é a optimización da accesibilidade da que as persoas usuarias e traballadores poderán gozar a partir de agora, ademáis da comodidade que supón ter “estes dous servizos na planta baixa do Concello”, sinalan. J. M. RAMOS