Papá Noel chegou a Cee cargado de agasallos

Nadal
Jose Manuel Ramos
Festa infantil con Papá Noel no pavillón polideportivo de Cee. Foto: Concello de Cee

costa da morte. Os nenos e nenas de Cee desfrutaron dunha gran festa acompañados por Papá Noel, que chegou á vila da Xunqueira cargado de agasallos. Todos gozaron ademais cos bailes e coreografías de DJ Tibu e os seus amigos Lady Bug, Doraemon, Unicornio e Pepa Pig. O Concello agradece ao comercio, perruquerías e hostalaría ceense a súa colaboración cos agasallos para os máis pequenos. Como colofón a unha xornada tan especial, a alcaldesa, Margarita Lamela, e os concelleiros Juan Manuel Buiturón, Emilia Trillo e Rubén Villar, acompañaron a Papá Noel e o seu séquito na visita á vivenda tutelada de Aspadex, onde compartiron ilusión, sorrisos e moitos agasallos cos seus usuarios.

A programación navideña trouxo tamén a Cee o espectáculo Os fabulosos Cleaners, da compañía Malasombra. Os coñecidos actores Xoque Carbajal e Jouse García fixeron as delicias dos máis pequenos da casa con pompas de xabón. J. M. r.