O PP propón un acordo para a reactivación económica e social de Vimianzo

Política municipal
Jose Manuel Ramos
Raquel Rodríguez, portavoz del PP de Vimianzo. Foto: PP

TERRA DE SONEIRA. O Partido Popular pide ao goberno local de Vimianzo unha xuntanza para acadar un acordo de reactivación económica e social de cara á campaña de Nadal. Asegura que a súa proposta resposta “ao interese común de todos os veciños”. Nestas “circunstancias difíciles”, segundo sinalan os populares, “a unidade e a suma de acción de todos os axentes sociais na definición e aplicación de medidas concretas de estímulo económico en todos os campos posibles de actuación é unha condición básica para reforzar e incrementar a capacidade de resposta do noso Concello ante esta crise”. A portavoz do PP, Raquel Rodríguez, asegura que o seu partido “tende a súa man aberta a seguir colaborando co goberno local para acadar o obxectivo común de todos os que amamos esta terra e ás súas xentes: que Vimianzo volte o antes posible ao que sempre foi e será: un referente social, económico e cultural de toda a Costa da Morte”. M. R. L.