Premios ao fomento do consumo responsable dende o instituto de Baio

Formación
Jose Manuel Ramos
Mural nun dos frontais do IES Maximino Romero de Lema, de Baio. Foto: IES Maximino Romero

Zas. O IES Maximino Romero de Lema, de Baio, vén de acadar catro premios na dezaséis edición de Consumópolis, un certame impulsado pola Xunta para fomentar iniciativas de consumo responsable e calidade de vida que tiña como lema Coida o teu planeta cun consumo + responsable, atréveste? Os gañadores foron o equipo Makinas, integrado por Daniel Díaz, Daniel Domínguez, Óscar García, José Pereira, Desiree Vázquez e o profesor Gonzalo de Castro-Acuña; Supih, con Samuel Antelo, Izan Blanco, Unai Ínsua, Pablo Lema, Héctor Sambade e o mestre Alejo Figueroa; Zumos integrado por Daniel Pérez, Enrique Mallón, Héctor García, Pedro Pastoriza, Fernando Cereijo e o mestre Alejo Figueroa; e Startech formado por Marta Calero, Martín Castro, Ismael González, Brais González, Nerea Torrado e o profesor Gonzalo de Castro-Acuña. J. M. R.