Premios de innovación didáctica e tecnolóxica para o Fernando Blanco

Formación Profesional
Jose Manuel Ramos
Integrantes del grupo de Instalación e mantemento. Foto: IES Fernando Blanco

Cee. Os departamentos de Electricidade e electrónica e de Instalación e mantemento do IES Fernando Blanco, de Cee, recibiron dous premios polos seus proxectos de innovación na FP.

O primeiro deles foi distinguido na modalidade B (de innovación didáctica) polo seu proxecto Técnicas de intelixencia artificial para a resolución de problemas. Este departamento ademais colaborou co IES Punta Candieira de Cedeira no proxecto Adestrador modular avanzado para a industria 4.0 que tamén foi premiado.

Igualmente, foi galardoado (na modalidade A de innovación tecnolóxica ou científica) o proxecto Sistema de diagnose mediante parametrización de sensores en máquina de peche, presentado polo departamento de Instalación e mantemento. Contaron coa colaboración das empresas Industrias Cerdeimar, GSI Dotación Industrial e Técnicas de Soft. J. M. RAMOS