Presentan en Fitur o Ano Xubilar da Virxe da Xunqueira, de Cee

Turismo
Jose Manuel Ramos
Cartel promocional do Ano Xubilar diante da imaxe da Virxe da Xunqueira. Foto: Parroquia de Cee

CEE. O Ano Xubilar da Virxe da Xunqueira, que comezará o 1 de maio, será presentado nunha dobre cita en Fitur. A primeira será o xoves, a partir das 15.00 horas, no pavillón de España, onde a alcaldesa, Margarita Lamela, dará a coñecer o programa e tamén a oferta turística ceense. Ao día seguinte, á mesma hora, dentro do espazo do xeodestino Costa da Morte, a rexedora, acompañada do párroco ceense, Desiré Kouakou, dará a coñecer o vídeo promocional do Ano Xubilar, que foi elaborado pola parroquia xunto coa Asociación de Amigos da Xunqueira. Ambos actos poderán seguirse en streaming a través das redes sociais do Concello de Cee.

O xoves, no pavillón do Ministerio de Turismo, tamén farán a presentación das súas propostas os concellos de Camariñas (que dará a coñecer o programa da XXI Mostra do Encaixe), Muxía e Vimianzo. Ata a capital de España desprazaranse as tres alcaldesas e o rexedor muxián. J. M. RAMOS