Preto de dúas mil visitas ó faro Vilán en setembro

Turismo
Jose Manuel Ramos
Faro Vilán, de Camariñas. Foto: J. M.

CAMARIÑAS. A Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas contabilizou un total de 1.945 visistantes no faro Vilán durante o mes de setembro. O 94 % das persoas que pasaron polas salas que xestiona a patronal camariñana procedían de diversos puntos de España, das cales un 34 % eran galegos. En canto ao lugar de procedencia, de Madrid chegaron o trinta por cento das visitas. Entre as comunidades emisoras de turistas destacaron tamén Castela León (14 %) e Cataluña (9 %). Polo que respecta a Galicia, a maioría dos visitantes chegaron de distintos concellos da provincia da Coruña (58 %), namentras que Pontevedra aportou o 24 % das visitas, Lugo o 11 % e Ourense tan só o 7 %.

Os turistas internacionais tan só representaron o 6 % do total, sendo Francia o país de procedencia da maioría dos turistas extranxeiros, aínda que tamén viñeron visitantes de Alemania, Reino Unido, Portugal e Suiza, entre outros países. J. M. r.