Proxectan melloras na rede viaria e peonil de Muxía

Infraestruturas viarias
Jose Manuel Ramos
Javier Romar, esquerda, Iago Toba, José Manuel Pequeño e Olalla Benlloch, na xuntanza celebrada na sede da Deputación. Foto: C. M.

O grupo de goberno de Muxía reuniuse co deputado provincial de Obras, José Manuel Pequeño, para avaliar diferentes proxectos e melloras, como a recuperación da senda peonil entre Agreiras e Os Muíños e outras actuacións na rede viaria municipal.

En vindeiras datas está prevista unha visita de responsables da Deputación a Muxía para ver e analizar ‘in situ’ todo o tratado na reunión. O alcalde, Iago Toba, e os concelleiros do executivo local, agradecen “a amabilidade constante e as boas sensacións tras a reunión, entre dúas administracións que teñen un nivel de colaboración extraordinario e unha sintonía que repercute positivamente para o beneficio de todos os muxiáns e muxianas”.