‘Quero saír!, o novo libro de María Canosa para os máis pequenos

É un álbum ilustrado por Andrea Estévez e publicado por Edicións Embora // Xa está nas librarías
Literatura Infantil
Jose Manuel Ramos
María Canosa, escritora ceense

A escritora ceense María Canosa vén de publicar un novo libro para os máis pequenos. Trátase dun álbum ilustrado que leva por título ‘Quero saír!’, que ten como protagonista a unha nena que vive o confinamento.

A obra, publicada por Edicións Embora, fala da necesidade que temos de quedar na casa e usar todas as medidas de protección para poder facer fronte á pandemia que estamos a vivir. Está ilustrada por Andrea Estévez, para quen este é o seu primeiro libro. No é o caso de María Canosa, que xa ten publicado nesta mesma colección outros títulos, como ‘Acuario’, ‘Acuario 2’ e ‘O ladrón de voces’.