Reactívase o programa formativo O Mar na Escola en Cee

Preto de cen escolares participaron nas primeiras actividades, que coordina a escola de vela do Club Marítimo Carrumeiro
Formación
Jose Manuel Ramos
Un grupo dos escolares participantes na iniciativa antes de saír ao mar, no porto de Corcubión. Foto: Concello de Cee

O programa formativo O Mar na Escola comezou hoxe para preto dun cento de escolares de Cee. A iniciativa está patrocinada polo Concello ceense e a Secretaría Xeral para o Deporte a través da actividade Xogando co Vento, do Plan Xogade. Retómase así unha actividade que o pasado ano tivo que ser suspendida debido á pandemia da COVID e, dende o Concello de Cee congratulanse de que “se volva a poñer en marcha”.