Recalan en Muxía dúas exposicións vinculadas ao Camiño de Santiago

Ruta Xacobea
Jose Manuel Ramos
Luis Menéndez, esquerda, e Iago Toba, en Muxía. Foto: C. M.

Muxía. O Salón do Voluntariado acolle as exposicións El Conocimiento en el Camino de Santiago, da Liga de Xornalistas do Camiño de Santiago e Camiño Fisterra-Muxía, do fotoxornalista local Xesús Búa.

Ao acto inaugural acudiron o alcalde de Muxía, Iago Toba; a deputada provincial de Educación, Sandra González, e o presidente da Asociación de Prensa de Santiago, Luis Menéndez. O rexedor amosou “o orgullo” que sinte porque Muxía acolla unha exposición destas dimensións e a deputada Sandra González, destacou “a importancia do Camiño de Santiago como elemento vertebrador da nosa comunidade e un dos principais motores económicos da nosa pronvincia”.