Recrean en Laxe a visita do rei Alfonso IX en 1228

Historia
Jose Manuel Ramos
Recreación da chegada a Camariñas do rei Alfonso IX no ano. Foto: J. M. R.

Laxe. A recreación do percorrido histórico que o rei Alfonso IX fixera no verán de 1228 por terras de Costa da Morte completarase este domingo en Laxe, logo de que o pasado mes de setembro non se poidese levar a cabo debido á COVID.

Protagonizada polos actores de aAntena, a representación, que estaba previsto que percorrera os lugares de Soesto e Serantes, será finalmente no pavillón municipal laxense debido as previsións climatolóxicas adversas. Comezará ás 16.00 horas e as prazas están limitadas, polo que é preciso inscribirse previamente a través da páxina https://www.aantenasc.com.

Hai que lembrar que o día 5 de setembro tivo lugar a primeira parte do percorrido, coa etapa entre Camariñas e Cereixo (Vimianzo). Trátase dunha cita histórica que vén organizando dende hai catro anos a Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas, coa fin de recuperar a memoria histórica do municipio e potenciar os recursos turísticos.

O espectáculo conta co patricinio do Fondo de Proxectos Xacobeo 21 da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. J. M. RAMOS