Respaldo de Red Eléctrica ao Gran Fondo Ézaro 2022

Convenio
Jose Manuel Ramos
Carlos González, á esquerda, recibiendo unha réplica da Pedra Cabalgada de mans de José Manuel Pequeño. Foto: C. D.

DUMBRÍA. O alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, e o delegado rexional da zona Noroeste (Galicia e Asturias) de Red Eléctrica, Carlos González, asinaron este xoves un convenio de colaboración para a promoción do Gran Fondo Ézaro Fin do Camiño, que este ano acada a súa oitava edición. Celebrarase o día 10 de xullo.

A compañía xa vén colaborando coa proba desde o seu nacemento e co Concello dumbriés, onde o ano pasado, a través doutro convenio, colaborou na renovación dos proxectores da iluminación ornamental do acceso á Fervenza do Ézaro e fixo unha doazón de ordenadores portátiles para as aulas de informática

O rexedor entregoulle ao delegado de Red Eléctrica unha réplica da Pedra Cabalgada do Brazal, escultura que foi empregada por primeira vez en 2021 como trofeo de La Vuelta. Ademais, obsequiouno cun exemplar do libro Monte Pindo. Historia e lendas do Olimpo Celta, obra de Laura Suárez. J. M.