Restauración de bancos na parroquia vimiancesa de Serramo

Servizos municipais
Jose Manuel Ramos
Alumnos do obradoiro de emprego restaurando os bancos de Serramo. Foto: Concello de Vimianzo

As alumnas e alumnos do obradoiro Xuventude polo emprego, que xurde tras o convenio entre os concellos de Camariñas, Vimianzo e Muxía, están agora mesmo realizando as actuacións de adecuación e restauración dos bancos de madeira na praza da parroquia vimiancesa de Serramo.

Este obradoiro está financiado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, que conta cunha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.