Ruta nocturna polos petroglifos de Somonteino

Sendeirismo
El Correo Gallego

Vimianzo. O Concello de Vimianzo organizará o vindeiro 18 de setembro unha ruta nocturna polos Petróglifos de Somontemio, Prado da Cruz e na que tamén se poderá contemplar a Cruz do Loureiro. Será unha andaina circular de 4,4 quilómetros con saída ás 21.30 horas do consitorio. As prazas serán limitadas e hai que inscribirse na ligazón https://forms.gle/qtjTCj5a9LbM9tRu5 ata o 17 deste mes. Contarase coa inestimable colaboración de David Roget e de distintos membros do colectivo A Rula, quenes colaboran na organización desta actividade dunha duración de tres horas. Será preciso levar lanterna e calzado axeitado para camiñar polo monte.. c.v.