Serxio Domínguez encabezará de novo a candidatura do BNG á alcaldía de Cee

Política municipal
Redacción
Serxio Domínguez, en primeira fila, con compañeiras e compañeiros do BNG de Cee. Foto: BNG

Serxio Domínguez Louro concorrerá por terceira vez como candidato do Bloque Nacionalista Galego á alcaldía de Cee, convencido de que “é necesario e urxente un cambio de modelo, e o BNG ten demostrado, alí onde goberna, que é capaz de levar a cabo os cambios precisos para mellorar as vilas e as aldeas. Queremos abrir un tempo novo en Cee, tempo de alegría e de ilusión, de esperanza e sen crispacións nen malas caras, é tempo doutra maneira de facer política”.

Di que o seu grupo está preparado para gobernar, “e así o din as propostas construtivas que benefician aos nosos veciños e veciñas ou as horas de conversas coa veciñanza dun e doutro lugar do concello”, recalca.