Sesenta nenas e nenos de Cee desfrutan das actividades do programa Respira

conciliación
Jose Manuel Ramos

O programa Respira de Cee botou a andar a semana pasada nas instalacións do colexio Eugenio López cun gran éxito de participación. Aínda que inicialmente se ofertaban 45 prazas, finalmente serán 60 as nenas e nenos os que accederán ó programa mediante a organización de quendas. Como novidade este ano hai unha monitora para os nenos con necesidades específicas.

Por outra banda, este venres, día 16 ás 11.00 horas, terá lugar na casa de cultura de Cee unha charla sobre dano cerebral, promovida pola Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), na que se informará sobre ictus, factores de risco, medidas de prevención, síntomas de alarma, pautas de atención e recursos de atención socio sanitarios disponibles.