‘Special Days’ de Feirauto do 14 ao 19 de decembro en Baio

Regalarán 200 euros pola compra dun vehículo // Haberá descontos especiais
Automóviles
Jose Manuel Ramos

Os talleres do grupo Feirauto de Baio xa teñen todo preparado para poñer en marcha os “Special Days”, que terán lugar do 14 ó 19 de decembro.

Ao longo destes días os concesionarios participantes ofrecerán unha ampla variedade de vehículos de ocasión de todos os estilos con importantes descontos e vantaxosas condicións de financiación. Ademais, durante estes días regalarán 200 euros en combustible pola compra dun coche.

O evento está organizado pola Asociación do Automóbil de Baio e a FECOM en colaboración coa Deputación da Coruña e o Concello de Zas.