Suma de esforzos para a posta en valor do ‘ouro atlántico’ dende Muxía

Mar
Jose Manuel Ramos
Santiago Pérez, esda., portavoz da Asociación de Percebeiros, e o alcalde, Iago Toba, co lema da campaña. Foto: C. M.

Costa da Morte. O Concello de Muxía fichou á Asociación de Percebeiros da Barca para enxalzar a riqueza e os valores das súas costas. Deste xeito, os percebeiros, co apoio do Concello, do GALP da Costa da Morte, da Consellería de Pesca e da Unión Europea, comezarán a desenvolver este verán unha acción que servirá para poñer en valor toda a riqueza natural, pesqueira, turística e ambiental da costa muxiana. O alcalde, Iago Toba, aproveitou as vésperas do Gran Fondo Ézaro, que pasará o domingo pola vila da Barca, para facer entrega dun maillot simbólico a Santiago Pérez Haz, representante da asociación de percebeiros, quen preguntou: “coñecedes o ouro atlántico? Pois estade atentos que moi pronto coñeceredes todas as súas bondades e as súas vantaxes”. O contido da iniciativa darase a coñecer en vindeiras datas. J. M. R.