Camariñas, Muxía e Vimianzo articulan cos ADLs o obradoiro de emprego

Formación
Jose Manuel Ramos
Mónica Rodríguez, esquerda, Iago Toba e Sandra Ínsua, onte en Muxía. Foto: Concello de Muxía

MUXÍA. O alcalde do Concello de Muxía, Iago Toba, e as súas homólogas de Camariñas, Sandra Ínsua, e Vimianzo, Mónica Rodríguez, acompañados dos axentes de desenvolvemento local (ADL), reuníronse na vila da Barca para articular o segundo obradoiro de emprego conxunto que levarán a cabo estas tres administracións. Dará comezo no mes de decembro e terá unha duración de nove meses, ofertándose un total de vinte prazas. Disporán dunha subvención de 346.846,05 euros para levar a cabo o programa baixo o título de Camiño ao emprego. A formación vai dirixida á obtención dun certificado de profesionalidade. Neste caso trátase dun certificado de nivel 1 coa especialidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, e outro de nivel 3 na modalidade de promoción turística e información ao visitante. J. L.