‘Un mercado en cada porto’ regresa a Malpica

Artesanía de Galicia
ARCA
Un dos postos da pasada edición do mercado. Foto: C. M.

MALPICA. A segunda edición de Un mercado en cada porto. Mulleres artesás de Galicia, estará o 31 de xullo no paseo marítimo de Malpica. Trátase dun mercado, liderado por mulleres creativas, que leva vinculada unha mostra fotográfica de retratos de redeiras, colareiras, palilleiras, cesteiras, oleiras e outros colectivos de mulleres que tomaron o relevo das súas avoas para seguir dándolle vida aos traballos máis ancestrais. Esta actividade itinerante, organizada por Onyva! e pola Consellería de Cultura, pode visitarse de 11.00 a 20.00 horas. arca