Unanimidade en Zas para retirar de Abanca os fondos municipais

Política municipal
Jose Manuel Ramos
Casa consistorial de Zas

Zas. A Corporación municipal de Zas acordou, por unanimidade, no pleno ordinario retirar os fondos do Concello depositados en Abanca, logo de que a entidade pechase o pasado 8 de setembro a oficina que tiña na capital municipal.

Ademais, na sesión foi aprobado o Plan Provincial POS+ adicional cunha achega de 304.965,18 € por parte da Deputación da Coruña. Este importe investirase integramente na mellora de infraestruturas e espazos públicos.

Concretamente as obras que figuran nesta partida son a ampliación da ponte do Allo - cun orzamento de 128.467,95 euros- e a reparación das fachadas do Centro Sociocultural de Baio e dos accesos exteriores ao mesmo, cun investimento que ascende a 88.239,64 €. J. M. Ramos