Ve a luz o catálogo da mostra de Man

Cultura
Jose Manuel Ramos
Réplica da casa de Man de Camelle na exposición que se poido ver no Centro Galego de Arte Contemporáneo

CAMELLE. O vindeiro xoves, día 15 de abril ás 18.30 horas no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC), Andrea Serodio, responsable do museo Man de Camelle, e Carmen Hermo, docente da Universidade de Vigo, acompañadas do director do CGAC, Santiago Olmo, presentarán o catálogo da exposición Museo (do ermitán) Man. Os interesados en asistir deberán inscribirse enviando unha mensaxe ao enderezo electrónico cgac.prensa@xunta.gal. A capacidade da sala estará limitada a 60 asistentes. O número pode variar en función da situación sanitaria. No caso de que queden prazas libres, poderanse cubrir o propio día facendo unha chamada previa á recepción do CGAC (981 546 619). J. M.