Vehículos seminovos e cheques-regalo para combustible en Feirauto

A feira do automóbil de Baio chega á 47 edición // É unha das máis antigas de Galicia // Celebrarase do 18 ao 20 de xuño en formato de portas abertas
Automóvil
Jose Manuel Ramos
Expositor de vehículos nun dos talleres de Feirauto, en Baio. Foto: Feirauto

Os días 18, 19 e 20 xuño Baio (Zas) acollerá a 47 edición de Feirauto, unha das feiras de coches de ocasión máis antigas de Galicia. Os talleres participantes ofrecerán unha gran cantidade vehículos seminovos de todos os estilos con importantes descontos e vantaxosas condicións de financiación. Todos os coches están 100% revisados e contan con 12 meses de garantía.

Para a ocasión, abrirán as súas portas nun horario especial e adoptarán todas as medidas de hixiene e seguridade recomendadas polas autoridades sanitarias para evitar a propagación da COVID.

Cheque-regalo de 200€ en combustible

Ademáis de ofrecer unha gran cantidade de vehículos de ocasión, entregaráselle un cheque regalo de 200€ para canxear por combustible a todas aquelas persoas que merquen o seu vehículo durante esta campaña de portas abertas. O evento está organizado pola Asociación do Automóbil de Baio e a FECOM, en colaboración coa Deputación da Coruña e co Concello de Zas.