Vimianzo crea un xardín vertical para simbolizar a implantación da igualdade

Foi creado pola veciñanza no miradorio Ramón Berra // Será inaugurado o luns ás doce do mediodía
8-M
Jose Manuel Ramos
Montaxe do xardín vertical no miradoiro Ramón Berra, de Vimianzo. Foto: Concello de Vimianzo

A veciñanza de Vimianzo participou este venres na creación dun xardín vertical con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller o vindeiro día 8 de marzo. Baixo o lema (Im)plantemos igualdade está instalado no miradoiro Ramón Berra (A Torre), onde será inaugurado o vindeiro luns ás 12.00 horas. No acto participará tamén a artista local, voz de Luar na Lubre, Irma Macías, que interpretará unha peza musical.