Vimianzo implicará a 161 familias no plan de compostaxe caseiro

Reciclaxe
Jose Manuel Ramos
O Concello vimiancés repartirá, nun principio, 161 composteiros

Vimianzo. Coa idea de acadar un Vimianzo sostible, o Concello decidiu apostar pola compostaxe como modelo de reciclaxe orgánica nas vivendas do medio rural. O obxectivo, aseguran, é dotar a 161 familias do municipio das ferramentas necesarias.

Así, calquera familia que viva nunha vivenda illada cun mínimo de 50 metros cadrados de parcela, poderá solicitar gratuítamente participar no proxecto. O Concello entregaralles un composteiro e un aireador, ademais de levarllo á casa e formalo individualmente no seu uso.

Para participar só hai que solicitalo a través da páxina web municipal (vimianzo.gal) ou chamar ao 981 716001. O persoal responsable do proxecto poráse en contacto cos demandantes para coordinar a entrega dos materiais necesarios.

A través da compostaxe os usuarios poderán transformar os restos orgánicos en compost de alto valor. J. M.