Vimianzo ponlle luz ao Nadal

O Concello programou múltiples actividades culturais para estas festas // Por primeira vez haberá unha pista de xeo natural cuberta para que a veciñanza desfrute sobre patíns
Nadal
Jose Manuel Ramos
O concelleiro Miguel Ángel Pérez e a alcaldesa Mónica Rodríguez activaron o alumeado de Nadal. Foto: C. V.

Vimianzo acendeu o alumeado navideño co espectáculo de rúa A luz do Nadal a cargo da Troula de Animación. O acto serviu tamén para presentar unha ampla e variada programación cultural para estas festas, entre a que se inclúe por primeira vez unha pista de xeo natural cuberta para que a veciñanza desfrute cos patíns.

Ao acto, celebrado na praza do Concello, acudiron a alcaldesa, Mónica Rodríguez, e concelleiras e concelleiros da Corporación local. O comercio e a hostalaría vimianceses obsequiaron ás persoas asistentes con vales desconto baixo a denominación de chocorascas, xa que houbo tamén degustación de chocolate con churros. Cada vasiño daba a posibilidade de obter descontos no comercio ou cafés de balde na hostalaría.