Vinteún disfraces competiron no Entroido virtual de Zas

Entroido
Jose Manuel Ramos
Chapones, premio ao mellor disfraz de convivintes. Foto: Concello de Zas

Un total de 21 propostas (infantís, adultos e convivintes) participaron no certame de disfraces dende a casa organizado polo departamento de Cultura do Concello de Zas.

O obxectivo do concurso era manter viva esta tradición e premiar a orixinalidade e a creatividade das familias.

O xurado, formado por membros do Concello de Zas e por representantes de diferentes asociacións do municipio, decidiu outorgar os seguintes premios:

• Premio ao mellor disfraz infantil: Paréceme ver un lindo gatiño

• Premio ao mellor disfraz adulto: Todo irá ben

• Premio ao mellor disfraz de convivintes: Chapones

• Premio ao mellor vídeo: Chegada da vacuna á casa do maior de Laxe

Zaschoqueiro 2021

Nesta edición tamén se premiou ao ZasChoqueiro 2021, que foi elexido polos internautas votando polo seu disfraz favorito a través da páxina de Facebook do Concello de Zas Actualidade Municipal. O Principiño máis a súa rosa foi o disfraz que acadou o maior número de gústame. Todos os premiados recibirán os próximos días nas súas casa un lote de libros adaptado a cada unha das categorías xunto co libro Zas polo miúdo, editado recentemente polo Concello.