Visita a Costa da Morte da Liga de Periodistas del Camino de Santiago

Ruta Xacobea
El Correo Gallego
Membros da Liga de Periodistas do Camiño de Santiago en Fisterra. Foto: P. F.

Membros da Liga de Periodistas do Camiño de Santiago visitaron a Costa da Morte, onde se achegaron ao Museo da Pesca e o faro de Fisterra. Ademais, fixeron unha travesía marítima a bordo do Ganges cinco, un dos barcos turísticos que surcan as augas fisterranas.

Acompañounos a gaita de Santiago Bardullas, o gaiteiro do Solpor, e Rodrigo Costoya o autor dos libros Portosanto e El Custodio de los libros, explicando en plena navegación a historia do Colón Galego.

Tempo tiveron tamén para inaugurar na Sala da Camposa de Muxía co alcalde, Iago Toba, e a deputada Sandra González a exposición El conocimiento en el Camino de Santiago e a mostra fotográfica As memorias do Camiño, do muxián Xesús Búa.

José Ignacio Toquero e Jean-Claude Benazet coa voz tamén de Marie-Virginie Cambriels puxeron o toque musical, e un concerto do grupo Pablo Nash Band amenizou a estancia no Bela Fisterra, onde tamén celebraron unha xunta directiva e degustaron un menú ofrecido pola empresa Ruta Xacobea por cortesía da Consellería do Mar.

A Liga de Periodistas del Camino de Santiago está formada por oito asociacións de xornalistas do Camiño Francés en España (Aragón, Navarra, A Rioxa, Burgos, Palencia, León, Lugo e Santiago de Compostela).