Visitan en Cee o Museo Fernando Blanco para organizar oito excursións

Museos
C.G.

CEE. O Museo Fernando Blanco de Cee recibiu a visita de Élida Rodríguez, Miriam Sánchez e Manuel Freire, traballadores da área de Servizos Sociais do Concello de Oleiros. O motivo desta visita é organizar, de cara aos vindeiros meses de xuño, xullo e setembro, un total de oito excursións de persoas participantes no programa de excursionismo Ven e descubre! O pracer de coñecer a fin do mundo. En total coñecerán o museo 350 persoas acompañadas de monitores. Estas visitas estaban xa programadas para o ano 2020, pero a crise sanitaria fixo que tiveran que ser suspendidas. Os visitantes coñeceron as instalacións onde se expón parte do material didáctico e artístico do centenario instituto, así como o xardín botánico e a capela do IES Fernando Blanco onde repousan os restos do ilustre mecenas ceense nado no ano 1796. c.c.